Sunday 08 de September de 2024

O Concello de Oleiros organiza numerosas actividades e obradoiros no Museo Os Oleiros para conmemorar o Día dos Museos


O Museo Os Oleiros programa diversas actividades, obradoiros, demostracións, charlas e visitas á colección de olería para celebrar o Día dos Museos.

 

O sábado 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos cuxo obxectivo principal é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e paz entre os pobos ademais de seren singulares centros educativos, cheos de coñecemento e dinamismo que fomentan a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico.

 

Desde o Museo Os Oleiros organízanse varias actividades ao longo de 6 xornadas para conmemorar este día e convidar a toda a veciñanza a gozar do noso museo máis singular, que alberga unha das coleccións de olería máis grandes da península ibérica.

 

O sábado 18 de maio ás 17:30 horas terá lugar unha visita guiada ao Museo Os Oleiros e demostración de olería ao vivo para todos os públicos. Inscricións: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1147623

 

 

O martes 21 de maio ás 17:30 horas terá lugar unha das chalas do programa “Café no museo” impartida pola docente e investigadora Ánxeles Verea e titulada “A Telleira de Santa Ana de Mera”. Para todos os públicos. Inscricións: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1114873

 

 

Os días 22, 23 e 24 de maio terá lugar obradoiro de restauración cerámica para maiores de 12 anos que terá lugar no obradoiro municipal de olería. Incricións:

1ª quenda (de 16.30 a 18.00 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1147639

2ª quenda (de 18.30 a 20.00 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1147666

 

 

O sábado 25 de maio terá lugar o obradoiro de gravado a punta seca no castelo de Santa Cruz para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Inscricións: 1ª quenda (de 11.00 a 12.00 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1147716

2ª quenda (de 12.30 a 13.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1147732

 

 

O mesmo sábado 25 de maio pola tarde, ás 17:30 horas, terá lugar a visita guiada ás exposicións do castelo de Santa Cruz: “Obxectomanía: unha historia singular do coleccionismo”. Para todos os públicos. Inscricións en: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1147606